¡Que suene la cesta!

Quedan 2´10´´ para el final. Dos abajo. Hay que jugársela desde la línea de 6.25. Una de "tres" nos llevaría a la gloria... Flexiono, armo el brazo, me levanto y a dejar que suene la cesta. Tengo la muñeca tonta. Reflexiones acerca del deporte rey. Por mí.

1/24/2007

Volven a por Charles e a por Yuri

Charles e Yuri seguen sendo os dous futbolistas máis desexados da primeira plantilla granate. Os números e o altísimo nivel ao que están rendendo ámbolos dous xogadores dende que fixeron acto de presencia na capital do Lérez lle deron a razón ao director deportivo da entidade, o ex futbolista Javi Rico, e ao máximo mandatario do clube, o presidente Nino Mirón, que puxaron forte por facerse cos servizos cariocas e que finalmente lograron que Yuri e Charles lucisen a camisola granate. O '10' e o '18' do Pontevedra Clube de Fútbol leváronse os eloxios de media España durante a pasada campaña. Igor, que chegou para formar o tridente durante o mercado invernal, tamén erixiuse nun dos heroes do bloque lerezano durante o segundo tramo ligueiro. Ben é certo que polo espigado ariete brasileño tamén se interesaron moitos equipos ao remate do pasado curso, a pesar de que o "pistoleiro" non está rendendo ao nivel agardado durante esta primeira parte da tempada. O Almería de Cabrera insitiu en Yuri e o Lorca pretendía incorporar ao tridente brasileño. Os rumores tamén apuntaban a un presunto interese do Tenerife en Charles e incluso chegouse a especular coa marcha de Igor ao Cádiz. Foron os coñecidos "rumores de verán". O presidente Nino Mirón foi o primeiro en saír ao paso. "Quen os queira que pague". Claro e rotundo. ¿Cantidades?, "Comezamos a negociar a partir do millón de euros por cada un", cifras ao alcance duns poucos. Coa chegada do mercado invernal volven á carga. Segundo apunta o Diario de Pontevedra na súa edición de hoxe, o Pontevedra Clube de Fútbol recibiu un total de seis ofertas recentemente: tres por Yuri e tres por Charles. Destas propostas, unha vai dirixida aos dous futbolistas. Asimesmo, e dentro desta terna de conxuntos, un que milita na máxima categoría do balompé estatal pretende incorporar ás súas filas a Charles, xogador ao que levan seguindo dende fai bastante tempo.
Asimesmo, o Pontevedra tampouco vería pouco imprescindible buscar un sustituto neste mercado invernal no caso de que finalmente marche algún dos dous brasileños e confía no potencial e na profundidade do vestiario para o cumprimento dos obxectivos. Haberá que agardar ás próximas horas para coñecer se finalmente se concreta algunha operación. Por outra parte, cabe reseñar que o presidente da entidade, Nino Mirón, xa se atopa na capital do Lérez, despois de disfrutar das súas vacacións de Nadal. Nino personouse na mañá de onte nas instalacións do Príncipe Felipe presenciando o adestramento e saudando a tódolos integrantes do plantel.

Por César Méndez (Diario de Pontevedra)