¡Que suene la cesta!

Quedan 2´10´´ para el final. Dos abajo. Hay que jugársela desde la línea de 6.25. Una de "tres" nos llevaría a la gloria... Flexiono, armo el brazo, me levanto y a dejar que suene la cesta. Tengo la muñeca tonta. Reflexiones acerca del deporte rey. Por mí.

1/24/2007

O Sevilla, tralos pasos de Nicolas Bonis

O Sevilla FC segue a Nicolás Bonis. O gardamallas francés do Pontevedra, que dende a súa chegada á capital do Lérez gañouse os eloxios de media España coas súas actuacións, convertiuse no punto de mira da entidade que preside Jose María Del Nido. Varios olleadores do clube andaluz da Primeira División viaxan con frecuencia á capital do Lérez para presenciar as evolucións do arqueiro de Wisenbourg. Onte, ante o Orientación Marítima, tamén fixeron acto de presencia na zona reservada para as personalidades e o interese polo francés vai en aumento. Ao parecer, entre as prioridades do clube andaluz figura a contratación dun gardamallas de garantías que compita con Andrés Palop e Bonis figura nunha ampla lista de posibles candidatos para ocupar a portería sevillista. O certo é que nos últimos días especulouse coa posible saída do meta da entidade granate. O futuro do arqueiro galo podería depender do ascenso do equipo. O xogador granate, que aínda ten un ano máis de contrato con opción a outro, podería abandoar a disciplina que preside Nino Mirón se o Pontevedra non ascende á División de Prata do fútbol español ao remate do presente curso.
Ademáis do Sevilla moitos foron os clubes que se interesaron polo cerrollo galo durante as últimas datas, a pesar de que dende a secretaría técnica granate sinálase que a día de hoxe o clube non recibiu ningunha oferta en firme polo gardamallas da primeira plantilla lerezana. O propio xogador nunca negou a posibilidade de marchar se a oferta que se presente por él procede dun equipo da Segunda División ou da Primeira. Ben é certo que se o Pontevedra milita durante a vindeira campaña na Segunda División o porteiro francés podería meditar a súa decisión e permanecer durante un ano máis na cidade do Lérez.

Por César Méndez (Diario de Pontevedra)