¡Que suene la cesta!

Quedan 2´10´´ para el final. Dos abajo. Hay que jugársela desde la línea de 6.25. Una de "tres" nos llevaría a la gloria... Flexiono, armo el brazo, me levanto y a dejar que suene la cesta. Tengo la muñeca tonta. Reflexiones acerca del deporte rey. Por mí.

1/24/2007

O futuro de Bonis depende do ascenso

O salto de categoría podería resultar determinante para que o meta galo Nicolas Bonis continúe formando parte da primeira plantilla granate. O arqueiro de Wissenbourg está na axenda de varios clubes da Segunda División grazas ao seu gran rendemento dende a súa chegada á capital do Lérez. Bonis, ao que ao remate da presente campaña aínda lle restaría un exercicio máis de contrato con opción a outro, non vería con malos ollos a súa saída da entidade que preside Nino Mirón para recalar nun equipo de superior categoría, sempre e cando o bloque pontevedrés non logre o ascenso á División de Plata do balompé nacional. O certo é que as grandes actuacións do porteiro galo co Pontevedra non pasaron desapercibidas para as direccións técnicas da Segunda División.
Durante este periodo invernal de fichaxes moitos foron os rumores que situaron ao espigado meta granate lonxe da capital do Lérez, aínda que a intención do "cerrollo" lerezano non é outra que a de terminar a presente tempada co Pontevedra e se é logrando o tan ansiado ascenso, mellor.

Por César Méndez (Diario de Pontevedra)