¡Que suene la cesta!

Quedan 2´10´´ para el final. Dos abajo. Hay que jugársela desde la línea de 6.25. Una de "tres" nos llevaría a la gloria... Flexiono, armo el brazo, me levanto y a dejar que suene la cesta. Tengo la muñeca tonta. Reflexiones acerca del deporte rey. Por mí.

1/23/2007

O Pontevedra busca tres ascensos de alto nivel

O tema do liderato do Pontevedra acaba de nacer e xa parece recorrente. Por primeira vez desde que adestra ó conxunto granate Alberto Argibay teno na cabeza, na primeira praza. Para el máis que para ninguén, aínda que o negue, é un agasallo. Nos dous anos que leva á fronte do proxecto deportivo pontevedrés, nunca subira o último escalón.
Todo cadra dous anos e sete meses despois da última ocasión. As curiosidades sitúan ó Pontevedra como líder despois de derrotar ó Racing de Ferrol no derbi, en Pasarón e pola mínima. Na anterior ocasión tamén fora así: os lerezanos acadaran a primera praza tras superaren ó cadro departamental na casa, por un gol de diferenza (2-1, Javi Rodríguez e Raúl Aguilar de executores). Despois producírase o ascenso. Algúns recorrerán á historia cíclica para agardar algo semellante, un trienio despois.

Por mi compañero Xaime Nogueira (Diario de Pontevedra)